Asociación Galega de Blockchain e IoT (Sur) – Son fins principais da asociación:
a) Divulgación da Tecnoloxía Blockchain ou Internet das cousas así como calquera sistema de computación descentralizado a particulares, empresas e institucións.
b) Fomentar a educación e formación no uso dos criptoactivos,contratos intelixentes e en xeral calquera activo relacionado coa descentralización da información.
c) Difundir os avances sobre a descentralización da información.
d) Fomentar espazos de debate e reflexión sobre o uso,avances e futuro da descentralización da información.
e) Fomentar e axudar as iniciativas que teñan como finalidade o uso das tecnoloxías Blockchain ,Internet das cousas ou calquera sistema de computación descentralizado dentro dun marco ético
f) Servir de ponte a empresas, institucións e organismos públicos con estruturas centralizadas a estruturas descentralizadas nos procesos onde a mesma lles aporte calquera vantaxe.